Cargando resultados...
A seca obriga os gandeiros de Vilardevós a levar auga con cisternas ao gando
Aseguran que a solución incrementa custos e traballo
G24.gal
07/07/2022 14:46
A falta de chuvia está a obrigar os gandeiros a tomar medidas que nunca antes pensaran para poder atender os seus animais, especialmente na provincia de Ourense.
Cisternas de tres mil litros de auga para darlles de beber aos seus animais e que duran aproximadamente uns catro días. Esa é a medida que tomaron, por exemplo, algúns gandeiros do concello de Vilardevós para tentar paliar os efectos da seca.
Din que, con todo, é para eles unha solución moi complicada porque incrementa os custos e o tamén o traballo que teñen que afrontar cada día.