Abascal substitúe a Monasterio e nomea a Fúster líder de Vox en Madrid
Fúster aceptou o cargo "consciente do reto"
Monasterio estará "dedicada en exclusiva" a ser a portavoz do grupo parlamentario na Asemblea de Madrid

Vox elixe a José Antonio Fúster como novo presidente provincial do partido en Madrid en substitución de Rocío Monasterio, que continuará como portavoz na Asemblea.
Fúster, portavoz adxunto na Asemblea e portavoz nacional de Vox, aceptou o encargo "consciente do reto", mentres que Rocío Monasterio será a portavoz do grupo parlamentario na Asemblea de Madrid, tras ocupar a dirección rexional durante oito anos.
Vox, que agradeceu a dedicación destes anos a Monasterio, indicou que a partir de agora estará "dedicada en exclusiva á actividade política da Asemblea".
Rocío Monasterio expresara a súa intención de saír da presidencia desde finais do pasado ano, algo co que, segundo fondes do partido coincidía a dirección nacional de Vox.