Cargando resultados...
Accidente de tractor mortal en Noia
Un home faleceu ao quedar atrapado baixo o vehículo agrícola

G24.gal
15/09/2023 19:29
Un home faleceu tras sufrir un accidente co tractor en Noia. Segundo informa o 112, morreu ao quedar atrapado baixo o vehículo agrícola cando traballaba nunha parcela da súa propiedade.
Para auxilialo o 112 mobilizou os equipos de urxencias, os bombeiros de Boiro o GES de Noia, a Policía Local e máis a Garda Civil.