Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falecen dúas persoas nun accidente de tráfico múltiple en Vedra

Falecen dúas persoas nun accidente de tráfico múltiple en Vedra

Segundo as primeiras informacións, foron tres vehículos os implicados no sinistro

A circulación foi desviada para facilitar o traballo dos bombeiros, que tiveron que liberar ás vítimas mortais

G24.gal 15/11/2024 01:01 Última actualización 15/11/2024 14:46

Dúas persoas faleceron nun accidente múltiple de tráfico na estrada N-525, unha muller de 33 anos e un home de 34 anos. Ocorreu no quilómetro 323 pasadas as 23:30 deste xoves na parroquia de Santa Cruz de Rivadulla, no concello de Vedra.

Segundo as primeiras informacións, foron tres vehículos os implicados no sinistro. Primeiro houbo unha colisión frontal entre dous, un bateu contra outro, e un dos coches saíu voando uns 40 metros e caeu por un barranco. O outro vehículo impactou contra un terceiro que circulaba na mesma dirección.

Por parte do 112 Galicia solicitouse de inmediato a intervención do 061, GES da Estrada, Garda Civil de Tráfico e de servizos de mantemento da estrada. Tamén se informou aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce) --do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia-- para ofrecer asistencia psicolóxica aos familiares dos implicados de ser necesario.

O 061 informa de que ata o lugar desprazáronse tres ambulancias, dúas de soporte vital básico e unha avanzado. Os dous condutores faleceron no punto. Os tres feridos foron trasladados ao hospital Clínico de Santiago: un home de 19 anos, un home de 34 anos e un home de 51 anos.

A N-525 estivo cortada ao tráfico para facilitar o traballo do GES da Estrada que tiveron que liberar ás vítimas mortais. A Garda Civil fíxose cargo da investigación e todo apunta a un exceso de velocidade. Tratábase dos condutores de dous dos vehículos implicados, un home e unha muller, que chocaron frontalmente.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade