Cargando resultados...
Unha muller, en estado crítico tras caer cun coche por un terraplén de 50 metros no Saviñao
No vehículo sinistrado viaxaban cinco persoas
G24.gal
21/08/2024 14:40
Aparatoso accidente no Saviñao, que deixa tres persoas feridas, unha delas en estado crítico. O vehículo en que viaxaban precipitouse por un terraplén duns 40 metros.
Vicente Simón, o sarxento do Parque de Bombeiros de Chantada, explica que foi un rescate dificultoso, no que houbo que izar con cordas a unha persoa ferida de gravidade.
Trátase dunha rapaza de vinte e dous anos, que está ingresada no HULA. A súa filla de dous anos e os seus pais tamén resultaron feridos, pero de menor gravidade. Os outros ocupantes do vehículo quedaron ilesos.
Os veciños subliñan que é unha estrada con curvas perigosas e na que cómpre ir amodo.