Cargando resultados...
Acosados polos roubos nunha comunidade de montes de Covelo
En San Salvador de Prado levan perdidos 30.000 euros nos últimos anos
G24.gal
01/04/2022 13:47
O último roubo tivo lugar na ponte da Reconquista de Vigo, leváronlles 400 ferros de gran porte por un valor próximo aos 10.000 euros.
Non é a primeira vez que os rouban e séntense acosados. Furtáronlles oliveiras, mesas de pedra, grellas de churrasco e mesmo moas de muíño. Tamén se producen roubos nas casas particulares. En total, nos últimos anos perderon 30.000 euros.
Piden máis protección da Garda Civil e que se revisen as cámaras que hai no monte e que se coloquen máis.
Cada vez pensan máis que investimentos poden facer no monte, xa que non queren que os volvan roubar.