Alcaraz revalida a coroa de Wimbledon
O español gañoulle en tres sets a Djokovic (6-2, 6-2, 7-6) e revalida o título en Londres
Carlos Alcaraz gañou un novo Wimbledon despois de gañarlle a Djokovic en tres sets (6-2, 6-2 e 7-6) nunha final na que o español estivo cómodo e tivo o dominio do partido. O xigante serbio só opuxo resistencia no terceiro set, pero non foi quen de remontar. O tenista murciano suma o seu segundo grand slam británico consecutivo, os dous batendo a Novak Djokovic na final.
Os primeiros dous sets tiveron pouca historia. Alcaraz saíu coas ideas moi claras e deu un recital que opacou a calidade do serbio. Dous a cero para Carlos, ambos co mesmo resultado (6-2). Pero Djokovic aínda non dixera a súa última palabra.

O terceiro set converteuse nunha batalla na ambos xogaban as súas bazas. Parecía que o tiña feito Alcaraz co 5-4, pero Djokovic forzou o tie break cando moitos xa celebraban a vitoria do español. Pero non houbo remontada. Alcaraz fixo seu o partido co 7-6 e sumou o seu cuarto grand slam.
