Publicador de contidos

Publicador de contidos

As vendas de roupa e pezas de abrigo aumentan un 30 %

As vendas de roupa e pezas de abrigo aumentan un 30 %

Véndese un 118 % máis de luvas que o pasado ano

Mantas e bolsas de auga aumentaron a demanda arredor do 50 %

G24.gal 14/10/2022 13:48

23 graos de temperatura hoxe en Lugo e o que máis se vende é a roupa de abrigo. A previsión de suba do prezo da calefacción leva a optar polo método tradicional e quentar o corpo usando roupa. En España só a venda de luvas aumentou un 113 %, a de bolsas de auga quente un 53 e a de mantas un 47. Alternativas fiables e económicas para combater o frío.

As batamantas, camisetas térmicas, edredóns forrados ou sabas de muselina son outros artigos máis novos e que tamén están a ter moita demanda. O problema é que eses artigos tamén aumentaron de prezo por causa da inflación. No caso dos edredóns, a suba é de case o 120 %.

Na rúa xa se preparan tamén para un inverno con menor consumo de calefacción e alternativas tradicionais. As tendas especializadas calculan que as vendas aumentaron nun 30 % respecto do pasado ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar