Atopan unha anciá falecida tras declararse un incendio na súa casa en Petín
As forzas da orde traballan para esclarecer o acontecido
Unha anciá duns 90 anos faleceu esta tarde tras declararse un incendio na súa vivenda no lugar de Outeiro, en Petín.
O suceso ocorreu arredor das catro e media da tarde. A esa hora, un home avisaba os equipos de emerxencias de que se declarara un incendio na casa dunha veciña.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Valdeorras, que extinguiron axiña o lume.
As forzas da orde traballan para esclarecer o acontecido.
🔴#AXEGAInforma dunha persoa atopada falecida tras declararse un incendio na súa vivenda no lugar de Outeiro, en #Petín. As forzas da orde traballan para esclarecer o acontecido.
— 112Galicia (@112Galicia) November 17, 2022
Interveñen: sanitarios, #SPEISValdeorras, #GESValdeorras, @guardiacivil e Protección Civil de Petín. pic.twitter.com/Twnn120wWo
(Noticia en elaboración)