Cargando resultados...
Betanzos levanta as restricións de consumo de auga tras ser cualificada como apta por Sanidade
Betanzos reclama un estudo do río para determinar os puntos de vertedura

G24.gal
03/08/2023 17:29
O Concello acaba de levantar as restricións de consumo de auga do servizo de abastecemento despois de recibir a comunicación de Sanidade indicando de que as últimas análises cualificasen a auga como apta para o consumo. Deste xeito ponse fin as restricións iniciadas o pasado 22 de xullo.
Mantivéronse ata hoxe un servizo de abastecemento con tres cisternas que repartían 15.000 litros e tamén se entregaron garrafas de auga.
Betanzos reclama a Augas de Galicia un estudo do río para determinar os puntos de vertedura e pide que se investiguen.