Cargando resultados...
Blanca Millán renova co Ensino por unha temporada
A xogadora santiaguesa recupérase dunha grave lesión

G24.gal
16/05/2023 16:55
Última actualización 16/05/2023 17:02
Blanca Millán seguirá a próxima temporada no Durán Maquinaria Ensino. Anunciouno o club a través das súas redes sociais.
A xogadora santiaguesa recupérase dunha grave lesión que sufriu na cancha do Gran Canaria a mediados de decembro. Blanca Millán fracturou o menisco interior e o ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.