Cúmprese un mes do accidente de autobús que caeu ao río Lérez no que morreron sete persoas
O accidente produciuse na Noiteboa, unha noite de moita chuvia e vento
O conductor está libre e pendente de declarar como investigado
Cúmprese un mes do accidente do autobús que caeu ao río Lérez en Cerdedo, Cotobade. Sete persoas morreron. O conductor do autobús non foi detido e a súa condición é de investigado. Está pendente de comparecer no Xulgado de Instrucción número 1 de Pontevedra. Esta demora débese a que os investigadores da Garda Civil aínda está instruíndo as dilixencias, que posteriormente serán trasladadas á maxistrada dese xulgado.
Este accidente ocorría na noite do 24 de decembro, Noiteboa. Nel faleceron sete persoas e houbo dous supervivintes, o conductor e unha pasaxeira. Os dous levaban o cinto de seguridade.
O accidente produciuse no quilómetro 67 da estrada que une Cerdedo e Cotobade. O autobús, da empresa Monbús, xusto enriba da ponte saíu da vía, levou por diante o quitamedos e o valado e caeu ao río por un desnivel de 29 metros.
Era unha noite peche de moita chuvia e vento. Unha noite de temporal na que non se vía nada. A chamada de socorro fíxoa a propia viaxeira que salvou a vida.
Segundo as investigacións, o accidente puido producirse ao perder o conductor o control do autobús tras facer aquaplaning: demasiada auga na vía e as rodas perden adherencia.
Esta estrada é unha das que presenta maior sinistralidade do Estado. Un punto negro para o que reclaman melloras os alcaldes dos concellos polos que discorre. Asinaron un manifesto coas súas reivindicacións para evitar que se sigan producindo novos accidentes.