Cargando resultados...
Catro feridos no incendio dunha vivenda en Ferrol
Os catro feridos foron trasladados ao hospital
A orixe parece estar nunha estufa eléctrica que prendeu nunha cortina

G24.gal
14/02/2022 22:08
En Ferrol catro persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras rexistrarse un incendio nunha vivenda. O lume calcinou por completo o cuarto en que se atopaba unha muller con problemas de mobilidade.
Os bombeiros atopárona na cama con queimaduras nas mans. O resto de afectados presentaban só síntomas de intoxicación por fume. Barállase a posibilidade de que a orixe fose estufa eléctrica que acabaou prendendo nunha cortina.