Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco detidos por roubar nunha xoiería de Vigo

Cinco detidos por roubar nunha xoiería de Vigo

Tiñan gran destreza no emprego de técnicas específicas para a apertura de portas e caixas fortes

G24.gal 10/04/2023 10:04

A Policía Nacional detivo cinco membros dun grupo organizado criminal, de carácter itinerante, especializado en roubos con forza en establecementos, que o pasado xaneiro perpetraron un roubo con forza, facendo un buraco na parede dunha xoiería de Vigo.

Este roubo deu inicio a unha investigación por parte da Comisaría de Vigo en colaboración co grupo XXIV da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Madrid, cidade en que o pasado novembro uno dos agora detidos participou nun roubo con forza nun establecemento comercial, onde se apoderou de efectos e diñeiro por valor total de 3.000 euros, aproximadamente.

O dispositivo policial permitiu realizar estas detencións en distintas localidades de Madrid e Toledo e a desarticulación do grupo criminal itinerante, dedicado especialmente a roubos con forza en establecementos comerciais.

Nos rexistros domiciliarios interviñéronse útiles e ferramentas susceptibles de ser utilizadas para a comisión dos feitos delituosos, ademais de varios teléfonos móbiles, e un vehículo utilizado para os desprazamentos, que se estaba desmontando en pezas para evitar que se relacione cos roubos, dificultando deste xeito a investigación.

Os detidos, asegura a Policía, caracterízanse tanto pola súa mobilidade xeográfica, como pola súa destreza no manexo de ferramentas e a utilización de técnicas específicas para a apertura de portas e caixas fortes, adoptando fortes medidas de seguridade nas súas actividades cotiás. Actualmente, a policía continúa investigando e non descarta que se poidan esclarecer novos feitos delituosos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade