Comeza unha nova semana de folga entre os traballadores de Ryanair
Esta mañá no aeroporto Rosalía de Castro producíronse dous atrasos por causa das protestas
A folga continuará ata despois de Nadal todas as semanas de luns a xoves

Os tripulantes de cabina de Ryanair seguen en folga unha semana máis, e pensan estendela ata despois do Nadal.
Ata esta hora, o voo provinte de Málaga e o que sae da Lavacolla cara a esa cidade víronse afectados con atrasos dunha hora. Os avións seguen indo cheos e as reticencias dos usuarios en voar coa aeroliña seguen sendo menores a pesar das incertezas que supón.
En Galicia, os voos cancelados por estas protestas este ano foron mínimos porque Ryanair suple as ausencias con traballadores doutros países.
A folga ten máis incidencia no resto de España. Esta mañá rexistráronse 6 voos cancelados en Barcelona e 78 atrasos no total do Estado.
Os empregados esixen que a dirección da empresa sente a negociar con eles para que cumpra a lei laboral española.