Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un bombeiro tivo que ser atendido nun incendio na planta de reciclaxe das Pontes, xa extinguido

Un bombeiro tivo que ser atendido nun incendio na planta de reciclaxe das Pontes, xa extinguido

O que ardeu é lixo, e de aí a complexidade para sufocar as lapas

Un membro do parque de bombeiros do Eume precisou atención médica

A planta está situada no polígono industrial dos Eirios A planta está situada no polígono industrial dos Eirios
G24.gal 23/09/2026 18:08 Última actualización 24/09/2026 05:04

O 112 Galicia activou os servizos de emerxencia tras recibir varias chamadas que alertaban dun incendio no silo da planta de reciclaxe do Polígono Industrial dos Eirios, nas Pontes de García Rodríguez.

Mobilizáronse os parques de bombeiros comarcais máis próximos, que son os do Eume e Vilalba e tamén activouse o GES de Mugardos. Ademais, colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade, efectivos do distrito forestal da zona e persoal do Concello.

Segundo explicaron os bombeiros, o que arde é, fundamentalmente, lixo que é complexo sufocar en pouco tempo. Pola tarde o incendio quedou controlado e ás 2:30h da mañá, segundo os bombeiros do Eume, quedou extinguido.

Durante a extinción, foi necesaria a presenza do 061 porque un membro do parque de bombeiros do Eume precisou atención médica tras sufrir un mareo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade