Cargando resultados...
Controlado o incendio declarado nun mercante no porto exterior da Coruña
O carbón que levaba empezou a arder por autocombustión e orixinou unha gran fumareda

G24.gal
02/05/2023 15:29
Os servizos de urxencia conseguiron apagar o incendio declarado nun cargueiro no porto exterior de Punta Lagosteira, na Coruña.
O buque estaba atracado cando o carbón que levaba empezou a arder, por autocombustión, e orixinou unha gran fumareda.
A Autoridade Portuaria activou o plan de autoprotección e os servizos de urxencia conseguiron arrefriar a adega unha hora despois de que comezara a arder.