Corea do Norte lanza dous mísiles balísticos ao mar do Xapón

Corea do Norte lanzou hoxe dous mísiles balísticos de baixo alcance ao mar do Xapón, segundo informou o Estado Maior Conxunto (JCS).
"O lanzamanto tivo lugar ás 23:55 (hora ocal) do luns 24 de xullo", infoormaron as autoridades xaponesas. Ademais, informaron que os proxectís puideron caer nas augas fóra da Zona Económica Especial (ZEE) xaponesa.
Isto prodúcese tras a visita dun submarino estadounidense con capacidade de facer ataques nucleares a Corea do sur. Ademais, hoxe outro submarino estadounidense de propulsión atómica chegou á illa de Jeju e é posible que realice exercicios coa marina surcoreana.
Trátase do décimo sétimo lanzamento de mísiles que fai o réxime de Kim Jong-un no que vai de ano e o cuarto en menos dun mes, xa que o pasado 12 de xullo disparou a modo de proba un Hwasong-18, o seu mísil balístico intercontinental (ICBM) máis sofisticado.