Dúas activistas pegan as súas mans aos micrófonos do Congreso
A mesma organización protagonizou nos últimos meses outras protestas semellantes

Dúas activistas da organización Futuro Vegetal pegaron este luns as súas mans aos micrófonos do Congreso dos Deputados. As dúas rapazas subiron ao estrado, e mentres unha delas pronunciaba unha mensaxe a outra poñía cola as súas mans e pégabaas aos micrófonos. Unha terceira persoa despregaba mentres tanto unha bandeira da organización desde o asento da presidencia do Congreso.
💥 ÚLTIMA HORA
— FuturoVegetal (@FuturoVegetal) January 30, 2023
🔴Nos pegamos al atril del Congreso de los Diputados🔴
Decimos #BASTA!!!
Esto es una #EmergenciaClimática!!!
La población está en peligro y los poderosos solo piensan en sus beneficios.
Escalaremos en disrupción hasta que se deje de subvencionar la ganadería. pic.twitter.com/MMQBdLlEqM
Nunha mensaxe nas redes sociais, a organización ameaza con novas mobilizacións se o Goberno non elimina as subvencións á gandaría. Aseguran desde Futuro Vegetal que "o sistema agroalimentario industrial está destruíndo no noso territorio a pasos axigantados".
"Necesitamos unha transición urxente a unha alimentación baseada en plantas para asegurar a nosa soberanía alimentaria e adaptarnos ao caos climático", aseguran.
Segundo fontes do Congreso, as activistas accederon como parte dunha visita guiada. Esas mesmas fontes quitan importancia ao incidente e limítanse a dicir que quedou nun intento e que quedou neutralizado rapidamente por funcionarios da Policía Nacional da comisaría do Congreso.
Os axentes limitáronse a tomarlles os datos aos tres implicados, que puideron abandonar posteriormente as dependencias parlamentarias sen maior complicación.
Esta acción de protesta sucede a outras anteriores, como a protagonizada en decembro cando varios activistas se pegaron ao asfalto na M-30, en Madrid, en plena operación saída polo Nadal. Antes diso outros dous activistas pegaran as súas mans xunto a dous cadros de Goya no Museo do Prado.