Dous anciáns, atrancados na casa polo derrubamento doutra vivenda en Sandiás
Hai un mes unha casa derrubouse no seu patio e o propietario da vivenda non se fai cargo de recoller os cascallos
O Concello de Sandiás pechou a rúa polo perigo de que siga derrubándose e xa notificou ao propietario a obriga que ten de apuntalar a casa
Hai xa máis dun mes que unha casa de Sandiás se derrubou no patio de Carmen. Por fortuna foi de madrugada e non ocasionou danos persoais, pero o perigo continúa.
Agora, coa cancela atrancada, Carmen, con 87 anos e coidando dun irmán encamado, de 96 só pode acceder á súa casa por unhas escaleiras. Ademais, por mor da ruína da casa lindeira, cando chove éntralle auga nos dormitorios.
Carmen pide desesperada que lle retiren os cascallos. Dende o Concello de Sandiás xa sinalizaron e cortaron a rúa polo risco de que a outra parede tamén se derrube.
Dende o Concello de Sandiás xa lle notificaron á propietaria da casa a obriga que ten de apuntalala e restaurala, se non o fai actuará o Concello, pero os gastos ten que asumilos a dona da casa.