Cargando resultados...
Desartellado en Madrid un grupo que roubaba en casas e coches de representantes de xoierías
En tres rexistros interviñéronse 22.000 euros en efectivo e arredor de 300 pezas de xoiería
G24.gal
09/08/2023 11:32
Desartellado en Madrid un grupo criminal que roubaba en domicilios e en coches de representantes de xoierías.
A Policía Nacional detivo dez membros dun grupo criminal que roubaba con violencia en domicilios e no interior dos coches de representantes de xoierías, tras un operativo en Alcalá de Henares, en Madrid, en que se rexistraron tres domicilios e un rocho.
No rexistro interviñéronse 22.000 euros en efectivo, arredor de 300 pezas de xoiería, reloxos e bolsos de luxo, útiles para a apertura de portas e dispositivos de xeolocalización que colocaban nos coches das súas vítimas.