Cargando resultados...
Desmantelan unha rede de tráfico de marihuana en naves industriais de Barcelona
Os Mossos detiveron doce persoas, incluídos os xefes da organización
G24.gal
02/06/2024 18:28
En Barcelona, os Mossos desmantelaron unha rede de tráfico de marihuana e detiveron doce persoas, incluídos os xefes da organización.
Os axentes entraron nos domicilios dos arrestados e en catro naves industriais clandestinas, destinadas exclusivamente á produción desta droga, onde se incuataron de máis de 1.400 plantas.
As investigacións comezaron hai seis meses cando a policía tivo coñecemento da existencia destas plantacións. Os detidos utilizaban homes de palla para alugar as naves.