Desfai a súa vivenda en Melide para evitar novas ocupacións
Os veciños din que os propietarios chegaron a un acordo económico cos ocupas
Os veciños do barrio de Don Vicente, en Melide, frustran a ocupación dunha vivenda grazas á rapidez coa que alertaron a Garda Civil e os propietarios.
Tras denunciar os feitos, os donos do inmoble contrataron unha empresa de desocupación que recibiu un curioso encargo: desfacer o interior do inmoble para deixala inhabitable.
Os veciños da zona non queren facer declaracións por medio a represalias, din que é unha familia perigosa.
Iso si, confirman que os propietarios chegaron a un acordo económico con estas persoas para non ocupar ningunha das tres vivendas que teñen nesta zona. O acordo tamén incluía a contratación de varios membros do clan familiar para tapiar portas e fiestras. A cambio os donos comprometéronse a retirar a denuncia que tiñan interposta ante a Garda Civil.