Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen en Barcelona tres persoas dunha banda que roubaba a carga de camións

Deteñen en Barcelona tres persoas dunha banda que roubaba a carga de camións

O grupo criminal subtraía a mercadoría cando os vehículos estaban estacionados en áreas de servizo da A-2 

G24.gal 04/12/2022 20:08 Última actualización 04/12/2022 20:36

En Barcelona, os Mossos d'Esquadra detiveron tres persoas dunha banda que roubaba a carga de camións na autovía A-2.

O grupo criminal estaba especializado no roubo de mercadorías aproveitando que os camioneiros estacionaban os vehículos en áreas de servizo para durmir.

Os ladróns actuaban sempre de noite. Unha das cargas roubadas eran medicamentos do grupo dos psicótropos, cun alto valor no mercado negro.

Nun período de cinco meses a banda subtraeu mercadorías valoradas en preto de 600.000 euros. Tras pasar a disposición xudicial, decretouse o ingreso en prisión para os tres detidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade