Cargando resultados...
Deteñen un veciño de Cambre como suposto autor dun roubo con violencia nunha farmacia
Detido dun veciño de Cambre por un delito de roubo con violencia nunha farmacia/Garda Civil
G24.gal
01/07/2023 12:35
Última actualización 01/07/2023 12:47
Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Cambre como posible responsable do roubo nunha, farmacia, tras visionaren as cámaras de seguridade do establecemento.
O ladrón entra coa cara cuberta e ameazando os empregados cunha arma de fogo simulada e cunha arma branca. Logo leva varios medicamentos.
O roubo produciuse hai pouco máis dunha semana, pero a Garda Civil acaba de deter o presunto autor dos feitos, un veciño desta localidade. Na súa casa atoparon a máscara e mais as armas empregadas para cometer o delito.