Deteñen un veciño de Lugo que ameazou con voar con explosivos as obras da estación intermodal
O detido manifestou que estaba desesperado polo ruído nocturno das obras
Quedou en liberdade tras prestar declaración
Dende que comezaron en Lugo as obras vinculadas coa renovación da vía do tren e a creación da estación intermodal foron xurdindo queixas polo ruído das obras nocturnas, e na zona hai diversidade de opinións.
Ata a caixa dixital do Concello chegaron diversas queixas, pero a alerta saltou cando nunha delas se advertía dun ataque con explosivos que mesmo podería provocar vítimas mortais. A Policía Nacional rastrexou a IP do ordenador que enviara a nota e deu cun veciño das Fontiñas que manifestou estar desesperado polo ruído dos traballos nocturnos e que non podía descansar de noite.
Detivérono e, tras declarar e comprobar que non tiña explosivos, quedou en liberdade. O suceso causou unha grande expectación na zona.
Contra o detido, que amosou e seu arrepentimento e recoñeceu non pensar na transcendencia das súas palabras, abríronse dilixencias por un presunto delito de amezas graves.
Na zona moitos apelan á paciencia, porque quedan por diante moitos meses de obras.