Detido o home que arrastrou unha muller 50 metros tras ter un accidente en Poio
O arrestado deixouna ferida e fuxiu tras negarse a darlle os datos do seguro porque batera contra o coche dun familiar

A Policía Local de Poio detivo o home que arrastrou unha muller colgada dá ventá tras bater contra un vehículo e darse á fuga.
A detención, segundo informa o corpo policial, produciuse na tarde do sábado e ao arrestado impútaselle un delito de lesións e danos, contra a seguridade do tráfico e de condución temeraria.
Os feitos sucederon o luns pasado na avenida de San Xoán cando un condutor bateu contra un turismo e deuse á fuga sen facilitar os datos do seguro.
Unha muller, familiar do propietario do vehículo danado, seguiuno nunha motocicleta ata que parou. Porén, o condutor "fixo caso omiso" aos seus requirimentos sobre o seguro e emprendeu a marcha coa moza colgada da ventá.
A muller, tras ser arrastrada uns 50 metros, quedou ferida e o condutor conseguiu fuxir.
