Cargando resultados...
Detidos tres integrantes dunha banda dedicada ao roubo con forza de vivendas
Os arrestados cometeran asaltos nas localidades de Ames, Bergondo, Ferrol e Vilagarcía
G24.gal
06/11/2022 10:11
Detidos tres dos integrantes dun grupo criminal dedicado ao roubo con foza en vivendas habitadas. Os arrestados cometeran roubos nas localidades de Ames, Bergondo, Ferrol e Vilagarcía.
Traballaban en campañas, grupos de tres a cinco individuos, procedentes case sempre de Europa do leste, que se desprazaban desde fóra de Galicia para realizar os roubos.
Aquí permanecían entre unha e dúas semanas para perpetrar varios asaltos, sobre todo en chalés de zonas illadas. Foron detidos xusto antes da súa partida.
O xuíz decretou o seu ingreso en prisión. A operación continúa aberta e non se descartan novos arrestos.