Cargando resultados...
Dobre accidente en Barro, ocasionado polo avistamento dun lobo
Unha muller saíu da vía co seu coche e unha moto caeu tras bater cos restos do sinistro
G24.gal
07/10/2023 14:09
Última actualización 07/10/2023 14:14
E un descoido provocado por un lobo puido ser a causa dun sinistro dobre esta madrugada no concello pontevedrés de Barro.
O vehículo dunha muller que viña de traballar saíu fóra da vía, envorcou totalmente e quedou na marxe do río Barosa. Con toda probabilidade, os restos deste sinistro provocaron a caída dunha moto nese mesmo punto.
Os dous feridos, de mediana idade, non están graves, aínda que foron trasladados a centros sanitarios.