Dous detidos na Coruña nunha redada antidroga que continúa aberta
A policía enmarca as actuacións nunha operación contra o narcotráfico nas Rías Baixas

A Policía Nacional realizou esta mañá unha redada antidroga na Coruña. O operativo continúa aberto e desenvólvese en distintos puntos do centro da cidade e tamén nos arredores.
Fontes policiais confirman xa dúas detencións polo momento pero podería haber máis. O máis temperán foi no primeiro andar dun edificio da ronda de Nelle. Furgóns policiais con membros dos equipos das forzas especiais e tamén da unidade de guías caninos subiron e levaron unha persoa detida arredor das 8 da mañá cando aínda había pouca actividade nesa ría.
A redada que segue en marcha noutros puntos da cidade enmarcase dentro dunha operación máis ampla contra o narcotráfico na zona das Rías Baixas con ramificacións na cidade herculina. En principio non ten nada que ver cos ocupantes do edificio que se incendiou a escasos 10 metros a pasada semana.