Cargando resultados...
Dous feridos, un deles de gravidade, nun accidente de tráfico no Rosal
Os dous coches implicados no sinistro bateron frontalmente

G24.gal
16/10/2023 21:24
Última actualización 16/10/2023 21:38
Dous feridos, un deles de gravidade, nun accidente de tráfico no Rosal. O sinistro foi á altura de Tabagón. Por causas que se investigan, dous coches bateron frontalmente. O estado en que quedaron os vehículos dá conta do violento impacto.
Un dos condutores tivo que ser liberado polos equipos de urxencia. Foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro. É un mozo da Guarda, o seu estado é grave. O outro condutor foi trasladado a outro hospital, pero as súas lesións son de menor consideración.