Cargando resultados...
Dúas mulleres resultan feridas nun accidente de tráfico na AP-9, en Padrón
Unha das mulleres quedou atrapada no vehículo e tivo que ser liberada

G24.gal
11/09/2024 16:14
Dúas mulleres resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste mércores no quilómetro 83 da AP-9, ao seu paso polo municipio coruñés de Padrón.
Segundo fontes do operativo, o suceso tivo lugar sobre as 13.30 horas e, debido ao accidente, unha das mulleres quedou atrapada no vehículo e tivo que ser liberada.
O sinistro provocou o corte do carril, tendo en conta que o vehículo accidentado quedou envorcado sobre a vía.
Ao momento, ademais dos Bombeiros, acudiu o GES de Brión, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de Urxencias Sanitarias 061.