Cargando resultados...
En estado moi grave a ocupante dunha moto tras un accidente en Chandrexa de Queixa
O sinistro produciuse tras bater dúas motocicletas
Os outros tres viaxeiros saíron ilesos

G24.gal
01/05/2023 19:23
O accidente produciuse na estrada comarcal que enlaza Trives con Chandrexa de Queixa, e foi xa neste concello á altura do quilómetro 15.
Por causas que se están a investigar, bateron dúas motocicletas. A pasaxeira saíu despedida tras impactar coa motocicleta que ía diante. Foi necesario mobilizar o helicóptero para trasladala ao hospital de Ourense. O seu estado é moi grave. Tanto o condutor de esa moto como piloto e o pasaxeiro da outra quedaron ilesos no accidente.