Cargando resultados...
España aprobará un plan nacional contra o antisemitismo
Será o vindeiro martes no Consello de Ministros

G24.gal
27/01/2023 18:05
Última actualización 27/01/2023 18:48
O Consello de Ministros aprobará o vindeiro martes un plan nacional de acción contra o antisemitismo.
O plan desenvolverá para España a Estratexia da UE de Loita contra o Antisemitismo aprobada en outubro de 2021.
Así o avanzou este venres o ministro de Presidencia, Félix Bolaños, durante o acto de Estado no Senado polo Día do Holocausto, o asasinato sistematizado do réxime nazi que acabou co asasinato de dez millóns de persoas, entre eles, seis millóns de xudeus.