Publicador de contidos

Publicador de contidos

Exemplares de atún de case 400 quilos en augas canarias e no golfo de Biscaia

Exemplares de atún de case 400 quilos en augas canarias e no golfo de Biscaia

Para alcanzar ese peso deben vivir polo menos trinta anos

A media do peso dos atúns destes días en Pasaia, Biscaia, anda polos 180 quilos

Unha clienta fai unha foto co atún de 387 quilos pescado en Gran Canaria
G24.gal 21/03/2023 21:30 Última actualización 21/03/2023 21:46
Un exemplar de atún vermello de 387 quilos acabou nas redes dun pesqueiro en augas de Gran Canaria. A peixería que o mercou enteiro expúxoo antes de toralo para que os clientes puidesen tirar unha foto ante tamaña enormidade. Unha vez torado vendeuse a case 27 euros o quilo e voou da peixería.
 
A peixeira conta que como hai pouco e chega moi pouco, cando se pesca marcha axiña porque a xente ten ansia del. 

Máis ao norte, o porto guipuscoano de Pasaia leva dúas semanas vendo como os barcos descargan atúns de tamaño considerable, cunha media de 180 quilos o exemplar. O máis grande descargárono o martes pasado: 367 quilos de atún vermello do Cantábrico, un xigante do mar. A semana anterior xa pescaran outro de 316 quilos.
 
José M. Barreiro, presidente da Confraría de pescadores de Pasaia, di que son enormes pero que isto leva pasando xa seis anos. 
 
O experto Yosu Santiago Gurruchaga, da Xestión de túnidos de ASTI, di que estes animais con trinta anos poden alcanzar os 400 quilos, como estes que se pescan ultimamente.

As capturas coinciden coa publicación dun estudo científico do centro tecnolóxico ASTI que agoira que no 2050 os atúns van ser un 15 por cento máis pequenos debido ao cambio climático e a presión pesqueira.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade