Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o condutor dun coche nun accidente na AP-9 á altura de Abegondo

Falece o condutor dun coche nun accidente na AP-9 á altura de Abegondo

O coche bateu por detrás contra un camión articulado

G24.gal 29/07/2022 09:52 Última actualización 29/07/2022 21:39

O falecido é un home de 54 anos e veciño de Ferrol. O accidente rexistrouse na autoestrada AP-9, á altura do concello de Abegondo, preto da Coruña. 

Precisamente, a vítima circulaba en sentido A Coruña. Foi no quilómetro 30, un punto onde hai un carril cortado por obras. O coche que conducía o falecido chocou contra a parte traseira dun camión de gran tonelaxe.

"Había un carril cortado, había obras de mantemento na vía. Posiblemente circulación un pouco densa a esas horas da mañá", relata Antonio Rodríguez, tenente xefe do destacamento de Tráfico da Coruña.

Ata o lugar do accidente desprazáronse cinco patrullas da Garda Civil de Tráfico, un furgón de atestados e os bombeiros de Ordes, que tiveron que liberar o corpo. Nun primeiro momento tamén se mobilizou un helicóptero medicalizado.

"Ía vía un helicóptero medicalizado pero ao certificarse a morte practicamente no acto xa non foi preciso mobilizalo", afirma Antonio Rodríguez, tenente xefe do destacamento de Tráfico da Coruña.

Está aberta unha investigación para intentar esclarecer as causas do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade