Falece unha muller de 61 anos nunha colisión entre dous coches en Xunqueira de Espadanedo
No choque frontal quedou ferido un mozo de 22 anos, que deu positivo en alcol e ao que lle abrirán dilixencias por homicidio por imprudencia

Unha muller de 61 anos faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na estrada OU-536 ao seu paso polo municipio ourensán de Xunqueira de Espadanedo.
O accidente rexistrouse arredor das oito desta mañá e foi unha colisión entre dous vehículos na estrada que vai entre Ourense e Trives.
Ata o lugar do accidente desprazáronse dúas patrullas de motoristas, un equipo de atestados e o helicóptero medicalizado. Tamén foron avisados integrantes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Maceda, Protección Civil e o servizo de mantemento de estradas.
O condutor do outro vehículo, que invadiu o carril contrario, un mozo de 22 anos, tivo que ser excarcerado e foi traslado en helicópeto ao hospital de Ourense. Deu positivo en alcol e abriránselle dilixencias por homicidio imprudente.