Falece un home ao chocar coa súa moto cun vehículo en Viana do Bolo
Os sanitarios só puideron certificar a morte do motorista

Un motorista perdeu a vida este luns tras colidir a moto en que circulaba contra un turismo na parroquia de Pexeiros, no municipio ourensán de Viana do Bolo.
Segundo trasladou o 112 Galicia, un particular advertía sobre as 15.10 horas deste accidente no punto quilométrico 6 da estrada OU-533.
🔴#AXEGAInforma dun motorista que perdeu a vida en #VianadoBolo ao bater contra un coche, na parroquia de Pexeiros. Os sanitarios, malia mobilizar un helicóptero medicalizado, só puideron confirmar o seu falecemento. Interveñen: #GESAGudiña, #PolicíaLocal e @guardiacivil Tráfico. pic.twitter.com/D9Gl0gonuA
— 112Galicia (@112Galicia) September 19, 2022
Nesta comunicación, o alertante reclamaba asistencia para o motorista. Con esta información, os xestores do 112 deron aviso aos servizos sanitarios.
Para esta emerxencia mobilizouse o helicóptero medicalizado, aínda que os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do motorista.
Ao lugar acudiron tamén membros do GES da Gudiña, a Policía Local de Viana e Garda Civil de Tráfico.