Cargando resultados...
Falece un home de 38 anos nun accidente de tráfico en Xermade
Unha saída de vía na AG-64 deixa un morto e un ferido

G24.gal
14/11/2021 08:57
Última actualización 13.00
Un veciño de Fene de 38 anos morreu pouco antes da medianoite nun accidente de tráfico que se rexistrou en Xermade.
O turismo que conducía a vítima mortal saíu da vía pola marxe dereita e colidiu contra a barreira metálica de seguridade á altura do quilómetro 43 da autovía AG-64 (Ferrol-Vilalba).
O condutor do vehículo faleceu no intre, e a persoa que ía canda el quedou ferida. Ata o lugar do accidente desprazáronse os equipos de emerxencia, os bombeiros de Vilalba, que excarceraron o falecido atrapado no turismo, axentes da Garda civil de Tráfico de Lugo e efectivos do servizo de mantemento de estradas.