Cargando resultados...
Morre un mozo de 27 anos no concello de Pol ao caer co seu coche ao río
Foi na estrada LU-P-1611, no punto quilométrico 103, ao seu paso por Gomeán
O coche accidentado no río de Pol
G24.gal
10/11/2024 08:28
Última actualización 10/11/2024 15:22
Un mozo de 27 anos e veciño de Pol morreu ás 23:00 horas da pasada noite nun accidente de tráfico ocorrido na estrada LU-P-1611, no punto quilométrico 103, ao seu paso por Gomeán, no lugar de Fonfría.
Segundo informa a Garda Civil, o coche foise por fóra da vía e caeu ao río, onde bateu contra unhas árbores. Como consecuencia do golpe, faleceu o condutor e único ocupante do vehículo. Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberalo.