Falece un operario ao caer dunha plataforma en Bares
Os servizos de emerxencias non puideron facer nada cando chegaron ao lugar do suceso

Un operario que se atopaba traballando sobre unha plataforma elevadora faleceu sobre as dez da mañá, tras caer de varios metros de altura.
Un particular foi o que alertou os servizos de emerxencia, e segundo el, o home caeu dunha altura duns catro metros, mentres traballaba nunha empresa de construción e servizos na parroquia de Bares, no concello de Mañón.
🔴 #AXEGAInforma dun operario que faleceu tras caer desde varios metros de altura cando traballaba nunha plataforma elevadora en Bares, no municipio de #Mañón.
— 112Galicia (@112Galicia) March 29, 2023
O 112 Galicia solicitou a colaboración no operativo dos servizos sanitarios, da @guardiacivil e de #AVPCMañón. pic.twitter.com/opi4rDAeqC
Á zona desprazáronse de inmediato profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada para evitar o seu falecemento. Ao lugar do suceso tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico, ademais da agrupación de voluntarios de Protección Civil.