Falece unha muller de 95 anos atropelada cando cruzaba por un paso de peóns en Cuntis
A vítima, avoa do alcalde de Moraña, foi trasladada a un centro hospitalario en ambulancia, pero faleceu pouco despois

Unha muller de 95 anos de idade faleceu nas últimas horas tras ser atropelada na tarde noite do domingo no centro urbano de Cuntis.
O sinistro ocorreu sobre as 20:30 horas no punto quilométrico 216 da estrada N-640, en sentido Vilagarcía.
O CIAE 112 explicou que interviñeron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, persoal sanitario do PAC de Caldas, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cuntis e o GES da Estrada.
Fintes dos servizos de emerxencia municipais confirmaron a Europa Press que a muller, que é a avoa do alcalde de Moraña, estaba a cruzar a estrada por un paso de peóns á beira do seu domicilio, pero o condutor que pasaba nese momento (e que deu negativo na proba de alcoholemia) non a viu e atropelouna.
A muller foi trasladada a un centro hospitalario en ambulancia, pero faleceu pouco despois, segundo confirmaron fontes municipais.