Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller de 99 anos nunha colisión frontal en Melide

Falece unha muller de 99 anos nunha colisión frontal en Melide

Quedaron outras cinco persoas feridas; entre elas, dous menores de idade

Os dous coches bateron de fronte nunha curva cerrada da estrada que vai de Lugo a Santiago
G24.gal 10/10/2022 08:06 Última actualización 10/10/2022 11:42

Unha colisión frontal entre dous vehículos no concello de Melide acabou coa vida dunha muller de 90 anos e deixou cinco persoas feridas. O sinistro tivo lugar pasadas as 22:30 do domingo, no punto quilométrico 53 da N-547.

Os dous coches circulaban en sentido contrario cando nunha curva algún deles invadiu o carril contrario. Nun Peugeot viaxaba a falecida, de 99 anos, xunto co xenro e dous netos. No outro coche, un Mercedes, ía unha parella. Ata o lugar acudiron membros de Protección Civil de Melide, axentes da Garda Civil de Tráfico e os unha dotación de bombeiros de Arzúa.

Cando chegaron ao lugar os servizos sanitarios estaban atendendo os feridos. O home e os rapaces estaban fóra do coche e non tiña aparentemente mancaduras. Aínda así leváronos ao hospital de Santiago para facerlles un recoñecemento médico. A parella que viaxaba no Mercedes quedou atrapada e tiveron que liberalos antes de poder levalos en ambulancia ao hospital.

"Atopamos dúas persoas atrapadas nun coche e póñense a liberalas. No outro coche había catro ocupantes que xa estaban fóra. Os servizos sanitarios estaban atendéndoos e unha persoa falecida nese segundo vehículo. Liberaron aos atrapados que tiñan feridas de diversa consideración sobre todo na zona das pernas. Despois limpamos a estrada para que se puidera circular. O condutor que conducía o coche da falecida e onde ían os rapaces deu positivo na proba de alcoholemia", Román Rey Sarxento do parque de Bombeiros de Arzúa.

Houbo un terceiro coche que tamén se viu implicado ao atoparse co accidente, pero os seus danos foron menores. A curva onde tivo lugar o accidente é unha zona perigosa e esvaradía. Quedou chea de restos dos vehículos. A estrada estivo cortada temporalmente. O conductor que conducía o coche onde viaxaba a falecida e os rapaces deu positivo na proba de alcoholemia.

A estrada permaneceu pechada ao tráfico ata ben entrada a madrugada. Autobuses e camións estiveron parados e o resto de vehículos foron desviados por unha ruta alternativa ata que os servizos de emerxencia levantaron o cadáver.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade