Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 48 anos atropelado na Laracha

Morre un home de 48 anos atropelado na Laracha

O home que faleceu, veciño de Tordoia, ía recoller un familiar que traballaba con el cando tivo lugar o atropelo

G24.gal 25/11/2024 09:34 Última actualización 25/11/2024 12:58

Un home morreu atropelado esta mañá no concello coruñés da Laracha, á altura do quilómetro 6 da AC-523. O aviso chegou ao 112 Galicia contra as 07:30 horas tras recibir a chamada telefónica dun particular, sinalando que había unha persoa inconsciente no chan. O suceso ocorreu preto do campo de tiro olímpico do Pinar.

Os equipos de emerxencias acudiron ata o punto, pero non puideron evitar o falecemento da persoa.

O home que perdeu a vida é da parroquia de Bardaos, no concello de Tordoia. Tiña 48 anos e traballaba no sector da construción. O falecido ía recoller un familiar que traballaba con el cando tivo lugar o atropelo.

O seu corpo foi trasladado ata o Instituto de Medicina Legal de Galicia onde se lle vai practicar a autopsia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade