Cargando resultados...
Falece unha persoa nun accidente frontal entre dous turismos na Merca
Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, este sinistro tivo lugar sobre as 13:05 horas no quilómetro 13 da estrada OU-540, na poboación de Parderrubias, na Merca

G24.gal
22/06/2022 14:28
Unha persoa faleceu este mércores nun accidente de tráfico rexistrado debido a unha colisión frontal ocorrida no municipio ourensán da Merca.
Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, este sinistro tivo lugar sobre as 13:05 horas no quilómetro 13 da estrada OU-540, na poboación de Parderrubias, na Merca.
Ao lugar o 061 enviou o helicóptero medicalizado con base en Ourense e unha ambulancia de soporte vital básico.