Ferida grave unha condutora tras colidir contra un camión en San Cibrao das Viñas
O accidente rexistrouse sobre as 10:40 horas na N-52, cando o turismo invadiu o carril contrario e acabou chocando contra o camión

Unha condutora quedou ferida grave tras chocar co seu coche contra un camión en San Cibrao das Viñas, segundo informa a Garda Civil.
En concreto, o accidente rexistrouse sobre as 10:40 horas no quilómetro 233-200 da N-525, cando o turismo invadiu o carril contrario e acabou chocando contra o camión.
A condutora do turismo quedou ferida grave e foi traslada ao complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUO). O condutor do camión saíu ileso e deu negativo na proba de alcol. Tamén se lle fixo a de drogas, pendente de resultado.
Debido ao accidente, procedeuse a cortar o tráfico na N-525 en ambos os sentidos con desvíos establecidos polo enlace á A-52, precisa a Garda Civil.