Cargando resultados...
Ferida unha condutora ao chocar cun camión na A-52 en Xinzo
O accidente produciuse nun treito recto con boa visibilidade, polo que non se descarta que se debese a somnolencia ou distracción

G24.gal
06/08/2024 20:00
Unha muller quedou ferida de consideración ao chocar cun vehículo articulado na A-52 ao seu paso por Xinzo de Limia.
O accidente produciuse pouco antes das catro da tarde deste martes no punto quilométrico 181,500 da autovía en sentido Benavente.
O turismo, de matrícula portuguesa, alcanzou un vehículo articulado que transportaba botellas de vidro desde Arbo a Logroño.
A condutora do coche foi trasladada polos servizos sanitarios ao hospital de Verín.
O accidente produciuse nun treito recto con boa visibilidade, polo que non se descarta que se debese a somnolencia ou distracción por parte da muller.