Cargando resultados...
Ferido grave ao ser atropelado por unha furgoneta na Cañiza
A vítima foi evacuada ao hospital Álvaro Cunqueiro despois de que fora axudada polos bombeiros

G24.gal
20/04/2023 13:18
Un home quedou ferido grave nun aparatoso accidente ocorrido esta maña na Cañiza. O sinistro produciuse a consecuencia das manobras dunha furgoneta que atropelou a vítima, quen pasaba xusto nese momento por detrás.
O ferido quedou atrapado debaixo do vehículo e os bombeiros tiveron que acudir liberalo. Uns traballos complicados para evitar agravar as súas lesións. O home foi trasladado polo helicóptero do 061 ata o hospital Álvaro Cunqueiro.