Cargando resultados...
Ferido tras caer co coche que conducía ás vías do tren en Foz
O coche sinistrado foi retirado da vía sen que a infraestrutura ferroviaria se vira afectada

G24.gal
15/12/2022 12:18
Aparatoso accidente no concello lugués de Foz. Un condutor quedou ferido tras caer co seu coche dende a estrada ás vías do tren. Sucedeu de madrugada, á altura de Cangas de Foz. Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Barreiros para liberar o ocupante do vehículo, que posteriormente foi trasladado en ambulancia ao hospital da Mariña.
Segundo confirmou o Adif, o coche sinistrado foi retirado da vía sen que a infraestrutura ferroviaria se vira afectada.