Cargando resultados...
Catro voos cancelados en Galicia na primeira xornada de folga de pilotos de Air Europa
As cancelacións foron en Peinador e na Coruña
O paro continúa este martes e mais os días 4 e 5 de maio

G24.gal
01/05/2023 20:05
A primeira xornada de folga de pilotos de Air Europa obrigou a cancelar catro voos: dous en Peinador e outros dous na Coruña. O paro continúa este martes e máis os días 4 e 5 de maio.
Ademais das cancelacións pola folga de pilotos de Air Europa, este luns houbo suspensións e atrasos de voos internacionais, neste caso no aeroporto de Santiago, debido a unha nova xornada de folga dos controladores aéreos en Francia. Os voos máis afectados foron que tiñan como procedencia ou destino París e Bruxelas.